XXII CONCURSO DE CASTELOS NA AREA

Comparte este evento

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

11 de agosto do 2022
NA PRAIA DO XUNCAL

  1. Establécese a posibilidade de participar de xeito individual ou en grupos de non máis de 3 persoas. Cando se opte pola modalidade en grupo, os membros do mesmo deben pertencer todos a mesma categoría de idade establecida (agás na familiar).
  2. As categorías son:
    – Menores de 6 anos
    – Entre 7 e 11 anos
    – Entre 12 e 17 anos
    – Familiar
    A idade para participar nas diferentes categorías será a correspondente á que se trate na data do concurso.
  3. O prazo de inscrición será dende o mércores 3 de agosto ao luns 8 de agosto (ambos incluídos), na Alianza Aresana en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén poderán inscribirse no número de teléfono 981448057.
  4. Haberá un único premio para cada unha das categorías, podendo o xurado establecer algún accésit se así o considerase no momento.
  5.  O xurado estará composto por tres persoas asistentes e non participantes escollidas ao chou ese mesmo día.
  6. Nos diferentes espazos habilitados para a realización dos castelos de cada un dos participantes, non poderá atoparse ningunha persoa allea ó concurso, podendo o xurado declarar nula a obra por dito motivo.
  7. Todo imprevisto nese regulamente resolverase segundo a decisión da organización. O feito de participar, implica a aceptación destas normas.
  8. Lembramos a necesidade de uso de crema e gorra.

ORGANIZA: CONCELLARÍA DE CULTURA

Pódeche interesar...