Visita ao Centro Dramático Galego (CDG) de Compostela!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Esta fin de semana, unhas case 40 veciñas e veciños achegáronse a Santiago para ver o espectáculo “A Peste”, a adaptación teatral da novela de Camus dirixida e asinada por Cándido Pazó. A iniciativa, organizada entre a Concellaría de Cultura e o Centro Dramático Galego, promoveu a accesibilidade ao teatro sufragando tanto o desprazamento coma a entrada á función.

Desta maneira, o espectáculo permitiu trazar paralelismos co experimentado nos últimos tempos, pero tamén desfrutar co humor da adaptación e coas interpretacións do equipo actoral. A función reflexionou sobre o comportamento da sociedade nunha epidemia, pero tamén sobre o valor do amor ou da amizade nas relacións humanas.

Aquí embaixo atoparás algunhas das instantáneas que nos deixou a tarde do sábado en Compostela!

Pódeche interesar