Vaqueiros, piratas, pikachus, personaxes de avatar, algunha princesa… o mércores de cinza pasou en Ares cos pequenos e pequenas coma protagonistas do Entroido!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Polas previsións metereolóxicas, celebrouse nunha pista cuberta do CPI As Mirandas que se encheu de persoas dispostas a desfrutar dos xogos, da música, das orellas e, en definitiva, da esencia mesma da tradicional festa galega. A boa nova: que o tempo permitiu queimar o entroido na praia urbana de Ares para despedir a xornada.

Coa colaboración e apoio da Sociedade Cultural O Tilo, Grupo de Gaitas Aresán, Policía Local e Protección Civil de Ares.

 

Pódeche interesar