Últimas 10 prazas na cuarta ruta do SendAres

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Lembra que mañá, mércores 13 de abril, finaliza o prazo para inscribirte na costeira Ares-Chanteiro proposta dentro da nosa programación municipal de sendeirismo! Será un itinerario que arrancará o domingo, 24, e que redescubrirá a riqueza litoral e paisaxística do noso municipio, atravesando calas, miradores e baterías costeiras.

O prezo (10 euros) inclúe o regreso en autobús, o seguro, o guía e o avituallamento a metade de percorrido. Se estás interesado, reserva unha das 10 últimas prazas antes de mañá ás 23:59 horas. Podes inscribirte na seguinte ligazón:

https://forms.gle/uUZmfrg5YKoUVdmAA

Pódeche interesar