Última proxección do cine ao aire libre

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Mañá, xoves, 11 de agosto ás 22:00 horas, contaremos coa última película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2022. Será a quenda de “Bella y el circo mágico”, un relato sobre a maxia da amizade ao longo dunha aventura por estrada para salvar o circo de Bella, a protagonista do filme.

A iniciativa, organizada polo Concello en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, realizarase na Praza da Constitución de Ares. Non perdas a oportunidade!

Pódeche interesar