Tras os cambios executados pola Xunta de Galicia no servizo de transporte metropolitano prestado por UTE Hércules Norte, o Concello vén de actualizar o deseño municipal dos horarios de buses, dispoñibles na páxina web e tamén nas paradas da localidade.

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Lucía Blanco, concelleira de Mobilidade de Ares, salienta que esta acción é parte do “esforzo continuado por axudar á veciñanza a comprender toda a nova información, reaxustes incluídos, relacionada co transporte público a Ferrol, Mugardos e parroquias. Unha nova información que nos chega, ademais, sen ningún tipo de comunicación previa e a través dos medios de comunicación, o que dificulta a resposta para difundir os cambios debidamente porque temos que contrastalos coa Xefatura Territorial da Xunta”.

Consulta a versión sintetizada dos horarios de buses nesta ligazón: horarios_traasporte_ares-26-09-2022

Pódeche interesar