Tras o reconto das inscricións para Camiña pola Igualdade, dende a Concellaría de Deportes e o Departamento de Servizos Sociais queren agradecer a considerable involucración da localidade para a dinamización destas dúas andainas que conmemoran o Día Internacional da Muller!

Comparte esta nota de prensa

Contabilizados os rexistros tanto telemáticos coma físicos, o total de inscritos/as elévase a máis de 200 persoas! Un número que amosa o interese xerado e a necesidade de continuar coas reivindacións a prol da igualdade de xénero e a procura de maiores dereitos para as mulleres.

Xa sabes: este sábado, camiña por Ares para construír unha sociedade máis xusta!!

Pódeche interesar