Redución do servizo de recollida de lixo no termo municipal por mor da folga de transportistas

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

O Concello informa da redución do servizo de recollida de lixo no termo municipal por mor da folga de transportistas que se está a producir nas últimas xornadas e que afecta tamén á xestión de residuos sólidos na pranta de Sogama. O servizo mínimo que se establece en Ares operará aproximadamente a un 50 % da súa capacidade.

 

Dende o Concello rogan desculpen as molestias que poida ocasionar a situación á veciñanza e expoñen o desexo de que se acade unha pronta resolución da problemática.

 

Pódeche interesar