Quinta ruta do SendAres completada!

Comparte esta nota de prensa

Os excursionistas que se animaron a participar no programa municipal de sendeirismo achegáronse onte á contorna de Eume-Eirís para desfrutar dunha agradable xornada de deporte. Arrancaron dende o Museo Etnográfico da Capela e dirixíronse ao Mosteiro de Caaveiro, incluíndo no seu itinerario un tramo do Camiño dos Encomendadeiros. Logo continuaron o descenso para chegar ao río e camiñar ao seu carón.

Unha actividade onde cobrou especial relevancia a paisaxe, as pequenas fervenzas e as árbores! Embaixo atoparás algunhas fotografías da iniciativa.

Pódeche interesar