Onte, o Patronato Concepción Arenal, en colaboración co Concello, promoveu a I Edición da Ollada Migrante nas instalacións da Alianza Aresana.

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Un evento que achegou culturas e historias de migración; que serviu para conectar tradicións e xentes e que contou con música, danza, gastronomía e charlas!

Ao acto asistiron as concelleiras Victoria Montenegro, de Igualdade e Benestar, e Lucía Blanco, da área de Turismo. No inicio desta I Ollada Migrante, Victoria Montenegro invitou a enfocar a cuestión da migración “non dende os tecnicismos, senón dende os sentimentos; sobre todo, os sentimentos de perda ao deixar aos fillos, aos pais, á familia… e chegar aquí coa ilusión de conseguir o que non tiñan nos seus países de orixe”.

“Dentro dos Servizos Sociais, abrimos as portas coma podemos, mais contamos coa colaboración do Patronato Concepción Arenal e Cáritas, e sen eles non poderíamos aguantar todas as responsabilidades”, finalizou a concelleira de Igualdade e Benestar.

Nesta primeira edición, a vicepresidenta do Patronato, Conchi Ramil, afondou nos obxectivos e trasfondo da iniciativa: “a diversidade cultural está moi presente en Ares, e por iso desexamos dar a coñecer a integración doutras culturas na nosa localidade; coñecer como é a súa adaptación na vila”. No día de onte, pola Alianza Aresana emerxeron precisamente testemuñas dese crisol de culturas que habita no municipio e que expón parte da súa riqueza.

Aquí atoparás algunhas das instantáneas que nos deixou a xornada!

Pódeche interesar