Onte, o alumnado-traballador da especialidade Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais do Reinicia IX, o obradoiro de emprego promovido por Ares, Fene, Mugardos e Cabanas, visitou o centro de día de Afal Ferrolterra.

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Acompañados por persoal do centro, pero tamén polos seus docentes, recibiron unha charla inicial sobre as demencias e a actividade da asociación, a modo de formación teórica, pero tamén interactuaron co grupo de afectación inicial e moderado para aplicar o coñecemento específico que veñen de adquirir dende o inicio do Reinicia IX.

Esta tipoloxía de visitas didácticas axudan a entender as particularidades dos postos de traballo que poderá desenvolver no futuro o alumnado-traballador e responde á máxima do obradoiro de hibridar o eido téorico coa formación práctica!

Pódeche interesar