O goberno local rexeita os actos vandálicos producidos ao comezo desta semana

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Ao longo deste martes, 8 de marzo, varios elementos de identificación e sinalización das sendas deportivas pola costa do municipio apareceron vandalizados con múltiples pintadas que impiden a súa lectura.

O goberno local quere expresar o total rexeitamento a este acto non só polo contido das mensaxes, senón tamén porque supón unha degradación de obxectos e espazos públicos compartidos por toda a veciñanza. O Concello tamén recalca a necesidade de respectar os elementos comúns como unha forma de coidar conxuntamente a localidade.

Pódeche interesar