O Concello e o Club de Remo presentan a Bandeira de Bateis Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Celebrarase este sábado, 11 de marzo, ás 16:00 horas e os afeccionados poderán achegarse a 15 clubs de A Coruña e Lugo que converten a regata nunha cita chave no calendario.

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias; a concelleira de Deportes, Noelia Montero; Germán Sánchez e José Montero ‘Peli’, respectivamente presidente e secretario do Club de Remo da localidade, presentaron esta mesma mañá no consistorio a Bandeira de Bateis Concello de Ares, un evento deportivo que chegará o sábado, 11 de marzo (16:00 horas) á vila e que encherá a ría de embarcacións e ambiente remeiro no marco da Liga Norte de Bateis.

Noelia Montero, dende a área de Deportes, animou a que “os nenos e nenas, familias, veciños e veciñas en xeral acudan ó paseo marítimo durante a tarde do sábado, porque é unha xornada perfecta para gozar da regata de bateis con 15 clubs de A Coruña e Lugo que virán á nosa localidade”. “O único que agardamos”, concluíu Montero, “é que a climatoloxía acompañe e permita desfrutalo coma se merece”.

Dende o Club de Remo de Ares, o seu presidente Germán Sanchez salientou “a oportunidade que supón para que toda a afición se achegue ó paseo marítimo e anime á canteira, que está facendo un traballo extraordinario e aí están os resultados”. “Agora mesmo, temos máis nenos e nenas no noso Club que nunca, e merecen que a afición vaia a celebrar o seu esforzo”, declarou Sánchez.

Así, a regata servirá tamén coma unha festa para que os seareiros engalanen o municipio de Ares de azul, amosando unha forma singular de vivir o remo.

Pódeche interesar