Malia as condicións climatolóxicas adversas, o voluntariado da Agrupación Instrutiva de Caamouco actuou este sábado pasado na praia de Area Morta para retirar uns 25 quilos de refugallos!

Comparte esta nota de prensa

Baixo o marco da limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA, voluntarias e voluntarios extraeron principalmente plásticos de pequeñas dimensións que prexudican a fauna mariña local.
A iniciativa materializouse co apoio do Concello de Ares, a través da súa área de Medioambiente, de cara a visibilizar o problema do lixo no mar.

Pódeche interesar