Anímate a preparar a túa obra literaria e participar nesta iniciativa promovida pola Concellería de Cultura e Hércules de Edicións. O obxectivo do certame é poñer en valor a migración galega desde novas perspectivas, especialmente aquela que ocorre alén do mar, aínda que se aceptan obras que traten sobre calquera outra migración do mundo. É importante que a temática migratoria teña certa relevancia na trama ou na vida dos personaxes, aínda que non sexa o centro da historia.

Se eres maior de idade, a túa obra literaria está escrita en galego e ten entre 80.000 e 140.000 caracteres con espazos, tes a oportunidade de participar no concurso. O manuscrito gañador recibirá un premio valorado en 2.000 euros e será publicado no catálogo de Hércules de Edicións.

Non perdas a oportunidade de mostrar o teu talento como novelista. Podes revisar as bases completas do certame aquí:

BASES I EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA CURTA “ALEN” CONCELLO DE ARES