SENDARES 2023 – TEMPADA I: de outono a primavera – RUTA 8: ETAPAS DO CAMIÑO PRIMITIVO

Ruta 8: etapas do Camiño Primitivo

(20 e 21 de maio) – Prezo: Por determinar

• Hora de saída en bus o sábado: 06:30 horas.
• Hora de chegada o domingo: 19:30 horas.
• Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
• Información técnica: consta de dúas etapas.
1. Etapa 1: Fonsagrada – O Cadavo. Ruta de 26 km// Desnivel + 700 m // Desnivel – 895 m. Dificultade: ALTA.
2. Etapa 2: O Cadavo – Lugo. Ruta de 29 km// Desnivel + 700 m // Desnivel – 970 m. Dificultade: ALTA.
• Inscricións: ata as 14:00 horas do 4 de maio na web municipal.
• Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

O Camiño Primitivo é a ruta de peregrinación máis antiga que existe. Enlaza Oviedo con Santiago de Compostela polo interior. Neste itinerario, os sendeiristas percorrerán dúas das súas etapas, dende A Fonsagrada a Lugo, acompañados pola exuberante vexetación dos bosques e achegándose resto arqueolóxicos con milleiros de historias que contar.

Fecha

Mai 20 - 21 2023
¡Caducado!

Hora

6:30 am - 7:30 pm
Categoría