Día da Biblioteca – espectáculo musical “C@nto contigo”

O venres, 21 de outubro, no mesmo horario (18:00), Paco Nogueiras trae o seu espectáculo musical “C@nto contigo”. Música, baile e risas achegan o galego ás familias de maneira lúdica e divertida, con cancións para participar activamente e cun amplo abano de estilos, dende o tecno ao rock. Toda unha oportunidade para transformar a biblioteca municipal de Ares nun lugar onde cantar coas amizades.

Fecha

Out 21 2022
¡Caducado!

Hora

6:00 pm - 7:30 pm
Categoría