Esta semana, o alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI As Mirandas goza do remo!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Preto de 80 estudantes participan nas xornadas de iniciación para coñecer un deporte fundamental en Ares, a súa historia e tamén a técnica que require a súa práctica. Na presentación desta acción, organizada onte, achegáronse ao ergómetro e ás embarcacións, co recibimento no Club Remo de Ares!

As xornadas continuarán ata o venres, con saídas ao mar incluídas, e enmárcanse dentro do programa “Ares e Valdoviño no mar”, que impulsan ambos concellos co apoio dos GALP A Mariña-Ortegal e GALP GOLFO Ártabro Norte.

Pódeche interesar