CASA BENITO ROJO

Avda. Gaspar Rodríguez, 2

Benito Rojo López, emigrou a Chile no ano 1905 onde comezou traballando no “Almacén La Rueda” en Iquique.

No 1912 casa con Albina e encoméndalle ao mestre de obras José Calvo a construción desta vivenda que supón un perfecto exemplo da arquitectura indiana:

Fachada principal simétrica, fiestra redonda no faiado, galería no centro da fachada principal e posterior, alzados laterais onde predomina o macizo sobre o van, beirís e parte superior das galerías con decoración “de encaixe” e cumieira rematada con pináculos de madeira.

Está situada fronte da Praza do Emigrante que, no seu día, formaba parte da propiedade da casa.

Sen dúbida Benito Rojo foi un dos emigrantes máis exitosos de Redes, do que gardamos algúns datos grazas ao seu epistolario… pero para saber máis, terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

 

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Redes. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?