Concellaría de Urbanismo, Equipamentos e Infraestruturas
OLIMPIA MARCOS GARCÍA
Contacto: olimpia.marcos@concellodeares.com
A Concellería de Urbanismo, Equipamentos e Infraestruturas focalízase na xestión urbanística (instrumentos de equidistribución, polígonos en chan urbano, etc.), ordes de execución, licenzas, autorizacións de ocupación de dominio público e outros plans-programas de investimento local e obras municipais.
Tamén coordina as expropiacións, a limpeza de leiras ou a prevención de incendios e todo o relacionado co equipamento e infraestruturas municipais.