Concellaría de Cultura e Emprego

ALMA BARRÓN FERRO

Contacto: alma.barron@concellodeares.com

A Concellería de Cultura céntrase na dinamización social da localidade, organizando todo tipo de actividades e proxectos que redunden no municipio e que amplíen o máximo posible o acceso á cultura, desde exposicións,presentacións, actos, concursos, etc., a outros eventos que revalorizan os vínculos do pobo coa súa historia emigrante ou a súa contorna mariñeira. Tamén traballa na colaboración con outras entidades culturais e participa na xestión da biblioteca municipal. 

A área de Emprego encárgase da contratación e xestión do persoal de carácter municipal, coas súas consecuentes convocatorias públicas, así como da planificación e oferta de obradoiros de formación laboral.