Comezan os obradoiros de lectoescritura e memoria na contorna municipal

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, achegouse tanto onte coma esta mesma mañá ás primeiras sesións dos grupos que integran os obradoiros de memoria e lectoescritura na Alianza Aresana e no edificio municipal de Servizos Sociais, respectivamente; dúas iniciativas promovidas pola súa área de traballo co foco posto nas persoas maiores de 55 anos empadroados/as en Ares.

No caso dos obradoiros de memoria, preto de 35 participantes divididos en tres grupos (dous na vila aresá e outro en Cervás) traballarán con metodoloxías de estimulación cognitiva durante as tardes dos luns e mesmo dos venres guiados polo persoal técnico de AFAL Ferrolterra.

Para as actividades de lectoescritura, unhas 8 persoas poñerán o foco cada martes pola mañá en dúas habilidades moi conectadas, a escritura e a lectura, que son tamén fundamentais para un bo desenvolvemento de ideas, pensamentos e expresión de sentimientos. Nas primeiras sesións do obradoiro, levaranse a cabo tarefas de redacción para fomentar o movemento corporal que se realiza coa escritura e traballarase con cuestións gramaticais ou ortotipográficas que desenvolven a atención.

Pódeche interesar