Comeza o noso DegustAres!!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Os 10 locais que participan na ruta do pincho xa teñen todo listo para que os visitedes esta fin de semana e a seguinte. É o momento perfecto de desfrutar das súas tapas e do bo tempo que se prevé para estas xornadas, amais de apoiar ó noso tecido hostaleiro!

Estes son os negocios que ofrecerán os seus pinchos para a vosa valoración mañá, sábado, e tamén o 8, 14 e 15 deste mes: Bocarte Ares, O Bodegón, Bar/Tapas Callejón, A casa Nova, O Gaiteiro, Hamburgueseria O Lago, O Parrocho, Café Bar “El Puente”, Tarrafa, Cafetería Yambu.

Lembra que visitando os 10 locais e cubrindo debidamente a folla de valoracións entrarás nun sorteo de 5 vales de 100 euros para investir nos establecementos do noso municipio.

Anímate e súmate ao #DegustAres2022!

 

Pódeche interesar