Colle a axenda e toma nota para sumarte ás iniciativas da Concellaría de Cultura dos próximos días!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Mañá, sábado 3 de decembro ás 19:30 horas, tes a oportunidade de desfrutar do teatro da asociación sociocultural de Canido Muíño do Vento coa peza “Unha obra para un barrio”, escrita e dirixida por Agustín Bolaños. Será no salón de actos da Aianza Aresana.

O luns, 5 de decembro ás 17:30, poderás darlle a benvida ao Nadal escribindo os teus desexos para o 2023 e pendurándoos dunha das árbores próximas á Ponte da Ciscada, no Parque Rosalía. Familias, rapazada e todo aquel que o desexe está convidado a facelo dentro da actividade “Ilumina os teus desexos”!

Pódeche interesar