JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:

Infórmase de que o próximo domingo 31 de xullo entre as 14.00 e as 15.00 horas a Confradía de Pescadores de Ares organiza na zona portuaria o lanzamento de dispositivos pirotécnicos tras a procesión marítima en honra da Virxe do Carme, ademais dos que realizará a Comisión de Festas de San Roque o domingo 7 de agosto entre as 13.30 e as 14.30 horas na zona da avenida General Gabeiras, xunto cos posteriores fogos de artificio ás 00.00 horas, dando aviso dos mesmos, polas molestias que poidan ocasionar, co fin de poder tomar as medidas de protección axeitadas.

Incídese nesta información aos usuarios da praia canina, pala súa proximidade aos puntos onde se realizarán as tiradas. Recoméndase aos propietarios de mascotas a non utilización deste espazo do areal urbano nos horarios indicados, de cara a evitar sucesos de anos anteriores

Ares, a 29 de xullo de 2022

O alcalde,
Asdo: Julio lgnacio Iglesias Redondo