O SendAres pon en marcha a última ruta da tempada 22-23

O programa de sendeirismo municipal terminará cunha ruta polo Golfo Ártabro, cun percorrido pola costa dende Ares a Chanteiro, por un prezo de 8 euros. A inscrición abrirá hoxe, 26 de maio, ás 23:59 horas, e estenderase ata o 11 de xuño ou o remate das 50  prazas habilitadas. A Concellaría de Deportes encara a […]

Inscricións abertas para participar no programa “Conciliares” !

Desde hoxe, 15 de maio, ata o día 31 de maio, poderás inscribir aos teus fillos de 3 a 12 anos neste servizo municipal. “Conciliares” é unha opción de conciliación durante os meses de xullo e agosto, ofrecendo unha amplia variedades de actividades lúdicas e educativas para os máis pequenos. Podes consultar os requisitos de […]

Recordatorio importante: cambio de data para a recollida de enseres

Lémbrase que a recollida de residuos voluminosos deste mes, programada para o día 17 de maio, ao coincidir coa festividade das Letras Galegas, trasládase á seguinte semana, pasando a ser o próximo mércores, día 24 de maio. As persoas interesadas en depositar os seus residuos voluminosos deberán deixalos a noite do martes, día 23 de […]

Lista Definitiva de Admitidos e Excluidos e data da seguinte fase oposición no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, de 4 prazas de peons

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 18 de abril do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE CATRO PEONS (PLAN INTEGRADOR DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL) Publicada a lista provisional de admitidos […]

Este sábado o Club de Remo ten unha cita importante en Ares

Dispútase a Regata de Traineiriñas e as tripulacións do equipo absoluto masculino e feminino estarán a remar en casa con toda a súa forza e determinación. Por iso toda a aficción acudirá ás 17.00 ao peirao para arroupar aos remeiros e remeiras. Para gritar, animar, aplaudir e celebrar cada pada de con eles!! Este sábado, […]

Ares consegue unha subvención de 70. 000 euros para a recuperación do Camiño de As Salgueiras, en Chanteiro, unha intervención que suporá un investimento total de 80.000 euros

A subvención conseguida foi tramitada polo Concello ante Turismo da Xunta, a través das liñas de axudas provenientes dos Fondos Europeos Next Generation, en concreto, a destinada a conseguir a “Transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral”. Con esta axuda, cuxo importe ascende a 71.990,39 euros, executarase a […]

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2023

DATA: Do 2 de  xullo  ao 28 de xullo LUGAR: IES ROSALÍA MERA (rúa Archer Milton Huntington, 24. A Coruña) IDADE: A rapaces/zas de entre 9 e 14 anos xa cumpridos (Nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014) INSCRICIÓNS: no teu concello de empadroamento da provincia da […]