As parroquias de Ares tamén contan coas súas programacións deportivas polo Nadal!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Os xogos populares chegarán ó municipio durante as mañás do mércores, 28, e xoves, 29 de decembro, para dinamizar os núcleos sociais de Cervás, Caamouco e Chanteiro.

Estas actividades lúdicas promoveranse en horario de 11:00 a 13:00 horas e invitarán a toda crianza maior de 4 anos que desexe pasar un bo rato coa súa familia e amigos a xogar cos aros, os zancos, a chave, os bolos, os sacos, o brilé e a comba, o labirinto… xogos populares e interxeracionais na Agrupación Instrutiva de Caamouco, na gandeira de Cervás e no C.C. de Chanteiro!

Para participar nesta iniciativa da Concellaría de Deportes precísase de inscrición previa dunha das 12 prazas que se habilitaron por parroquia. As reservas recolleranse na Alianza Aresana e/ou no teléfono 981 448 057 indicando nome, apelidos e teléfono de contacto, ata as 13:00 horas do 23 de decembro.

 

Pódeche interesar