Ares volve a ser escenario de rodaxe

Comparte esta nota de prensa

O paseo marítimo da nosa localidade acolleu na mañá de onte, mércores, 15 de marzo, unha nova gravación audiovisual; a veciñanza puido ver o trasfego do equipo técnico e artístico, unhas 30 persoas, encargado da producción da serie “Saudade de Ti” para a TVG. Desta volta, Ares converteuse no espazo protagonista dunhas secuencias de diálogo entre dúas das personaxes da serie.

Mais a gravación non ficou só no paseo marítimo: tamén se achegaron ao miradoiro de As Mirandas, onde enmarcaron a ficción televisiva nunha espectacular paisaxe co seu atardecer.

Con eles, sumamos unha nova producción a outros títulos nos que o noso municipio foi lugar de rodaxe, dende Pai Casares, tamén da TVG, a Julieta, de Pedro Almodóvar, ou Concepción Arenal: La visitadora de Cárceles, coproducida por TVG, Canle Sur, TVE e Televisió de Catalunya.

Pódeche interesar