Ares participará de novo na limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA durante este mes de outubro!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
A Agrupación Instrutiva de Caamouco súmase á súa convocatoria coa colaboración do Concello para limpar a Praia de Area Morta (Redes) nunha iniciativa que busca visibilizar o impacto do lixo no mar e areais galegos. Realizarase o sábado, 15 de outubro, comezando preto das 11:00 horas.

Se desexas botar unha man, realiza a túa inscrición no 680161929 (chamada ou WhatsApp). Lembra que a limpeza está aberta a todos os públicos!

 

Pódeche interesar