Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 30 de Novembro de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2022
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
AVISO WEB MUNICIPAL www.concellodeares.com

RUTAS SENDAres VERDE

PROGRAMA SENDAres 2023

ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2022-2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022-2023 MÓVETE!

SEREAS DAS MIRANDAS EQUIPO DE REMO

VERANEARES  2022

ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

QUERE O TEU MERCADO 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares celebrará o Día do Orgullo Neofalante con programacións para mocidade e adultos
28 Setembro 2022 13:00
Ares celebrará o Día do Orgullo Neofalante con programacións para mocidade e adultosAres celebrará o Día do Orgullo Neofalante con programacións para mocidade e adultos
Cándido Pazó chegará á Alianza Aresana o 1 de outubro, data oficial de homenaxe ó neofalantismo, e tamén se contará coa actuación de MJ Pérez para o alumnado do CPI As Mirandas o martes, 4.

A maiores, dende o próximo luns, o colexio público aresán acollerá a exposición “Cantámola”, que afonda na diversidade musical galega dos últimos anos.


A Concellaría de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade veñen de facer pública a oferta de actividades que se organizarán en Ares por mor do Día do Orgullo Neofalante, oficialmente asignado para o 1 de outubro, conmemorando así o nacemento de Andrés do Barro, figura central na universalización da lingua galega.

No que atinxe a Ares, este mesmo sábado a Alianza Aresana contará ás 19:30 horas co espectáculo de Cándido Pazó “Botando a lingua a pastar” aberto a todo o público e en colaboración coa Deputación da Coruña. Nesta función, o polifacético narrador e actor mestura contos de tradición oral con historias propias a través dun monólogo que tamén inclúe comentarios sobre a lingua galega dende o humor e a empatía.

CONECTANDO COA MOCIDADE


Mais as programacións que se promoven dende o Servizo de Normalización Lingüística e a área de Cultura municipal non fican só aí, senón que tamén traballan coa mocidade para achegar o galego en diferentes contextos, amosando a súa vitalidade.

De feito, no propio CPI As Mirandas desembarcará a exposición itinerante de “Cantámola”, un percorrido por unha ampla variedade de estilos da música en galego, dende o pop rock ao rap, a mestizaxe, a experimentación electrónica ou os grupos urbanos. Estará dende o luns, 3 de outubro, ata o venres, 7, a disposición da comunidade educativa local.

Con todo, o alumnado de 3º e 4º da ESO mesmo desfrutará o martes, 4 de outubro, da actuación de MJ Pérez na biblioteca municipal de Ares, un concerto-charla baixo o nome de “Sube ao galego” que, ademais, estará dirixido por unha das novas voces do panorama actual da industria musical en Galicia. Reflexión e debate arredor da nosa lingua na procura da participación do estudantado.

Estas 3 actividades servirán para animar a todas esas persoas que estean pensando en arrincar a falar en galego diariamente e celebrar, tamén, que moitas xa deron o paso.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares