Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 30 de Novembro de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2022
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
AVISO WEB MUNICIPAL www.concellodeares.com

RUTAS SENDAres VERDE

PROGRAMA SENDAres 2023

ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2022-2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022-2023 MÓVETE!

SEREAS DAS MIRANDAS EQUIPO DE REMO

VERANEARES  2022

ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

QUERE O TEU MERCADO 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Licitados os traballos de mellora de servizos e pavimentos na rúa San Xosé
22 Setembro 2022 11:00
Licitados os traballos de mellora de servizos e pavimentos na rúa San Xosé
A obra permitirá renovar a rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, mais tamén levar a cabo obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións.

A intervención traducirase nun investimento de aproximadamente 170.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña
.

A Concellaría de Urbanismo vén de informar da licitación das obras na rúa San Xosé, unha actuación que mellorará os servizos e os pavimentos e que se configura, ademais, como a principal intervención urbanística que se realizará en Ares dentro do Plan Único da Deputación da Coruña, empregando 156.285 euros do ente provincial e 14.513 euros das arcas municipais.

Sobre os fondos que se executan a través do POS da Deputación, Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, contextualizou a planificación municipal: “Todas as actuacións que incluímos no Plan Único enfócanse principalmente á mellora e renovación da infraestrutura de abastecemento e saneamento e, tamén, á execución de novas pavimentacións. Acontece así na rúa San Xosé, na rúa Fomento e incluso na rúa dos Anxos, todas no POS 2022 e POS adicional deste ano”. Entre as tres actuacións, de feito, supéranse os 425.000 euros de investimento total sumando fondos provinciais e municipais.

Segundo o proxecto técnico dos traballos de mellora que se veñen a licitar, as obras renovarán precisamente o nomeado por Olimpia Marcos: a rede de saneamento, pluviais e abastecemento de auga, mais tamén se levarán a cabo obras civís no alumeado, na electricidade e nas telecomunicacións.

Ademais, cubrirase a rúa cunha capa de rodadura con algomerado, eliminando así as irregularidades do firme existente e poñendo fin ao seu estado de deterioro, instalarase un pavimento de loseta hidráulica similar á actual e realizarase a sinalización horizontal en todo o ámbito de actuación.

No tocante á formulación de ofertas, a licitación xa se atopa dispoñible na Plataforma de Contratación do Sector Público coa posibilidade de presentalas ata o 6 de outubro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares