Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 30 de Novembro de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2022
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
AVISO WEB MUNICIPAL www.concellodeares.com

RUTAS SENDAres VERDE

PROGRAMA SENDAres 2023

ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2022-2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022-2023 MÓVETE!

SEREAS DAS MIRANDAS EQUIPO DE REMO

VERANEARES  2022

ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

QUERE O TEU MERCADO 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
RUTAS SENDAres VERDE
30 Setembro 2022



Todas as sendas que están na nosa vila son de gran atractivo e inigualables vistas. Por este motivo e para que todos aqueles que aínda non coñecen o encanto deste municipio, o concello deseña para vostedes os mellores roteiros pola costa e polo interior.

Estes roteiros son recomendables para os amantes da natureza e da desconexión, principalmente polas vistas que proporcionan ós cantís ou as lendas que coñecerá ao longo do percorrido.

Lugares máxicos como a Cova dos Mouros ou históricos como o Castro de Santa Mariña son algunhas das paradas que poderá gozar, xunto con vistas tan espectaculares como as que ofrece a Bailadora ou o miradoiro de San Martiño.

RUTA 1: Ares – Castro de Sta. Mariña

Este roteiro circular que parte do Petelo, xunto ao Club de remo de Ares, ofrece un percorrido costeiro para descubrir as calas, illotes, cantís e bosques litorais que forman parte do gran patrimonio natural do territorio de Ares. Na parte final deste traxecto poderás observar parte do legado de arquitectura indiana que se conserva en núcleo urbano de Ares.

Datos técnicos:
Distancia: 9,12 km
Dificultade: Moderada
Punto de inicio e fin: O Petelo xunto o Club de remo Ares (Ares)
Patrimonio: Inmaterial, paisaxístico, xeolóxico e biolóxico

Consulta aquí todo o percorrido da senda:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-1-ares-castro-de-sta-marina-101015390

RUTA 2: Cervas – Chanteiro – Cervas

Este percorrido transcorre integramente pola parroquia de Cervás. O seu cemiterio é o punto de partida e chegada deste roteiro circular que bordea a Punta Coitelada. Os xistos, lousas e cuarcitas deixan paso ás paisaxes graníticos e acompañan á panorámica que en días despexados pode chegar ata a costa de Malpica e as illas Sisargas. O areal de Chanteiro ou a Ermida da Mercé son outros dous puntos do patrimonio aresano a destacar neste percorrido.

Datos técnicos:
Distancia: 10,29 km
Dificultade: Moderada
Punto de inicio e fin: Cemiterio de Cervás (Cervás)
Patrimonio: Inmaterial, paisaxístico, xeolóxico e biolóxico

Consulta aquí todo o percorrido da senda:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-2-cervas-chanteiro-cervas-101033433

RUTA 3: Ribeiras de Ares

Descubrir as ribeiras desta parte da costa de Cervás é rememorar a vida e costumes de moitos aresáns. Desde o Centro Cultural de Outeiro parte este paseo para todos os públicos. Coñecer detidamente algúns dos puntos das ribeiras onde as xentes do lugar pasaron gran parte dos seus momentos é o seu obxectivo. Pescar, mergullarse, baixar aos cantís, bañarse nas calas de cantos rodados ou buscar cuarzo son recordos que forxan a memoria de moitos veciños deste lugar.

Datos técnicos:
Distancia: 6,7km
Dificultade: Baixa
Punto de inicio e fin: Centro cultural de Outeiro (Chanteiro)
Patrimonio: Inmaterial, paisaxístico, xeolóxico e biolóxico

Consulta aquí todo o percorrido da senda:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-3-ribeiras-de-ares-114653125

RUTA 4: Porto de Redes

Entre punta Mourón e a praia do río Sandeo avistábanse antigamente unhas aparatosas estruturas con decenas de redes colgadas a secar. Esta postal costumista derivou en que este lugar fose bautizado co nome de Porto de Redes, na parroquia de Caamouco. Coñecer Redes e parte da súa contorna litoral é coñecer a cultura mariñeira dun pobo entregado ao mar. Actualmente a pesca desapareceu por completo, pero non a memoria do que foi este núcleo mariñeiro.

Datos técnicos:
Distancia: 5,5km
Dificultade: Baixa
Punto de inicio e fin: Aparcadoiro do Club de tenis de Redes
Patrimonio: Inmaterial, paisaxístico, xeolóxico e biolóxico

Consulta aquí todo o percorrido da senda:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-4-porto-de-redes-114653214


INFORMACIÓN DAS RUTAS en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares