SEDE CAMPAMENTO
IES Rosalía Mera
Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA).
DURACIÓN
Dende o domingo (chegada para cear), ata o venres seguinte (saída tralo almorzo).
QUENDAS
1ª QUENDA: do 26 de xuño ao 1 de xullo
2ª QUENDA: do 3 ao 8 de xullo
3ª QUENDA: do 10 ao 15 de xullo
4ª QUENDA: do 17 ao 22 de xullo (Concello de Ares)
5ª QUENDA: do 24 ao 29 de xullo
SAÍDA
O domingo pola tarde entre as 18:00 horas e as 19:30 horas no centro Rosalía Mera.
REGRESO
O venres seguinte, entre as 16:00 horas e as 17:00 horas.
COTA DE INSCRICIÓN
85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar "Campa-
mento Deportivo Deputación da Coruña 2022", ademáis do nome do/a participante inscrito e concello ó que pertence.
As cotas ingresadas non se devolverán.
O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.
INCLÚE
Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.
DOCUMENTACIÓN
Para a formalización a inscrición, debes entregar no teu Concello:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor
2.- Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia.
3.- Copia do aboamento da cota de inscrición. (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web)
4.- No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certiicado médico asinado por facultativo/a. De igual
xeito, no caso de medicación específca ou alerxia alimentario ou doutro tipo.
EQUIPO RECOMENDADO
Roupa de rúa (pantalóns, camisas)
• Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina).
• Toallas de aseo
• Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes,
colonia e/ou desodorizante)
• Saco de durmir e lanterna
• Gafas para o sol
• Crema protectora para o sol, factor alto
• Chuvasqueiro
• Mochila pequena
MATERIAL
O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.
INSCRICIÓNS
No teu concello, antes do 20 de maio de 2022.
Tendo preferencia os rapaces que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. (Realizarase o sorteo, no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición).
Remitirase a listaxe por parte dos concellos á Deputación vía correo electrónico a gabinete.deportes@dacoruna.gal, e tamén por Rexistro Xeral.