Aínda non sabes sobre as actividades programadas na Biblioteca Municipal polo Día das Letras Galegas? Toma nota na túa axenda destas interesantes propostas!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

O luns 15 de maio, levarase a cabo o taller de lettering “A arte de debuxar as letras”.

Esta actividade creativa consiste en debuxar letras utilizando diferentes tipografías para crear unha obra visualmente atractiva. Está dirixida a nenos e adultos a partir dos 8 anos e desenvolverase a partir das 17:00 horas. A entrada é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente na Biblioteca Municipal.

Doutra banda, o luns 22 de maio presentarase a obra “A Viaxe Feliz de Ramón Sanfiz”, a cargo da compañía Fantoches Baj.

Este espectáculo conta a historia de Ramón Sanfiz, un aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da Mariña lucense, quen se dispón a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. Ao longo da súa viaxe desde o seu pobo natal, San Andrés de Teixido, Ramón comparte as diferentes historias que aprendeu dos habitantes que se atopou no camiño.

Para a narración utilízanse diferentes técnicas do teatro de rúa, como a música, os monicreques, os romances e o kamishibai. Está dirixido a nenos e adultos a partir dos 6 anos e comezará ás 18:00 horas. A entrada é de balde e sen necesidade de inscrición previa.

Pódeche interesar