Aberto o prazo de incrición no Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa desenvolverase no campo de fútbol de Prados Vellos durante cinco días no mes de xullo, do 17 a 21, en horario matinal, desde as 9:45 horas ata as 13:45 horas, e está pensada para nenos e nenas entre os 4 e os 16 anos de idade.

Cada participante recibirá un equipamento completo de adestramento e poderá gozar durante cinco días nos que mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade.

O prezo é de 137 euros para o público en xeral, establecéndose descontos para diversas categorías, que poderán consultarse na dirección www.rccelta.es, onde tamén formalizar a inscrición.

No caso dos empadroados/as en Ares, xogadores das categorías inferiores do Numancia, e abonados do Celta de Vigo e/ou a Fundación o prezo é de 123 euros. No caso das inscricións efectuadas antes de 5 de xuño poderán beneficiarse do prezo reducido fixado ata esa data.

Anímate a disfrutar do teu deporte favorito adestrando cos técnicos da canteira do RC Celta! O campus inclúe formación futbolística, acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral e dunha contorna de adestramento onde a diversión está asegurada!

Consulta toda a información e formaliza a túa inscrición aquí: https://rccelta.es/mais-celta/campus/

Pódeche interesar