A Serea das Mirandas descansa xa na lengüeta do paseo marítimo

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Esta mesma mañá descubriuse unha nova escultura colocada no núcleo urbano de Ares: a famosa serea das illas das Mirandas repousa sobre unha das históricas ramplas do paseo marítimo para recibir a toda a veciñanza e turista que desexe coñecer a súa lenda.

Dende as profundidades da ría, o animal mitolóxico emerxe e lembra a súa existencia: como charlaba coas gaivotas, xogaba cos bancos de peixes ou se namoraba dun figaldo poderoso, segundo a súa lenda, que deu orixe á linaxe dos Mariño!

Máis aló disto, a serea xa é unha parte máis da identidade de Ares; unha figura que reforza o vencello do municipio co litoral e co mar.

Pódeche interesar