A programación de Nadal do Concello continúa coa súa oferta deportiva e cultural

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Nesta semana de transición entre o 2022 e o 2023, a vila de Ares acolleu múltiples actividades orientadas a crianzas e familias.  Os máis pequenos pasáronno de rechupete no obradoiro de pastelería creativa que fixeron na biblioteca municipal ao longo do luns e do martes, pero tamén gozaron onte dos xogos nas parroquias, onde probaron todo tipo de xoguetes tradicionais.

Paty Lesta e Cristian Leggiero puxeron o punto final á xornada do mércores co piano e o acordeón no salón de actos da Alianza Aresana. Eles foron os encargados de narrar a emocionante aventura de Pinocho, con cancións inéditas da súa versión teatral.

Estas son as instantáneas que nos deixaron os tres eventos municipais!

 

Pódeche interesar