A Igrexa de San Xosé de Ares encheuse para escoitar ás cinco agrupacións que actuaron no XI Festival de Panxoliñas Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

O certame promovido pola área de Cultura regresou onte á vila para achegar a mellor mostra de música coral da localidade a través das actuacións do coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula e a escola de música Laura Morgade. Cada un achegou o seu particular repertorio de cancións populares de Nadal!

O acto, conducido pola edil de Cultura, Alma Barrón, contou tamén coa presenza das concelleiras Victoria Montenegro e Lucía Blanco, que entregaron placas conmemorativas a cada grupo que participou desta undécima edición do Festival de Panxoliñas.

Pódeche interesar