A Alianza Aresana acolleu esta mesma mañá a charla informativa do programa “La Administración cerca de Ti”, promovido pola Subdelegación do Goberno de España na Coruña cun obxectivo moi claro

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Facilitar á veciñanza dos concellos máis pequenos a realización de trámites telemáticos coa Administración General del Estado (AGE) sen desprazarse.

As funcionarias e funcionarios achegáronse ata Ares para informar sobre algún dos elementos da administración electrónica, como é o caso da carpeta cidadán ou o propio concepto das credenciais dixitais (Cl@ave, certificado electrónico), o recurso básico para relacionarse coas institucións.

De feito, tras a parte máis divulgativa, expediuse in situ a todas as persoas asistentes que o desexaran un certificado electrónico, o que se obtén a través da Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre, que dá a posibilidade de interaccionar dixitalmente cun gran número de administracións públicas.

O noso municipio é así unha das 67 paradas que realizará a Subdelegación do Goberno de España na provincia da Coruña con este plan que loita contra a fenda dixital, enmarcado nas políticas de reto demográfico do Ministerio de Política Territorial, en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP).

Pódeche interesar