Lembra que hoxe, martes 7 de xuño, é o día de celebración da tradicional Romaría do Voto de Chanteiro, declarada festividade local e que, por este motivo, tanto as oficinas xerais do Concello como as demais instalacións municipais permanecerán pechadas.

A programación dará comezo ás 12.00, hora na que se oficiará a misa na ermida de Nosa Señora da Mercé, dando paso á parte máis lúdica da xornada, co reparto de empanada aos asistentes e a actuación do Grupo de gaitas Aresán. No cartaz de aquí embaixo podes consultar o horario e percorrido dos buses […]