Achegarse a Ares é aproximarse á tranquilidade; o seu entorno invita ó paseo e ó relax,a disfrutar das súas tranquilas praias, a visitar os seus recoñecidos monumentos, percorrer as rúas das súas pintorescas vilas... é, en definitiva, afastarse do trafego cotián; tapear polos establecementos do paseo marítimo e charlar coas súas agradables xentes descubriranos unha vila chea de encanto, con fermosos recunchos onde recrear o nosos sentidos.
Nun principio Ares era un porto cunha situación estratéxica privilexiada, dedicado á pesca. Moitas das casas manteñen aínda ese aspecto mariñeiro. A casa típica era unha construcción de dúas plantas. Na fachada principal había un balcón corrido e voado sobre ménsulas de madeira ou pedra, necesario para colgar as redes dos barcos que saían á pesca de baixura. As paredes eran de mampostería revocadas en branco con toques rechamantes nas partes de madeira (balaústre, portas e ventás). Os tellados cubríanse con tella.
Concejalía de Turismo de Ares