Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 25 de Novembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NOVOS RETOS NA IGUALDADE.

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Historia
Tradicións

A LENDA DA SIRENA DAS MIRANDAS

"Na mitoloxía grega, as sereas eran concebidas como seres fabulosos coa parte inferior do corpo dun peixe, e coa superior dunha muller alada. Así describe Homero ás que lle cantaban a Ulises na súa viaxe de Troia a Itaca.
Pero a serea que nadaba polos mares de Ares era moi distinta ás gregas. Igual que as que contan que viran por toda Europa xa desde a Idade Media , a nosa era unha serea mariña. Ata a cintura ,era muller de beleza e atractivo como as princesas dos contos; e de aí para abaixo era un peixe con unha cola rosada e chea de escamas de prata, que recordaba na cor a un salmonete xigante.

Era unha serea inquieta e faladora, e dábadlle por parolar coas gaivotas e corvos mariños, que lle contestaban cos seus chíos incomprensibles. Algunhas veces, xogaba no medio dun banco de peixes ou cos golfiños que visitaban a ría. Logo quedaba soa e pensativa, e ía tomar o sol polas praias de Perbes e de Centroña e polas do oeste de Ares. Pero sempre se tiña que somerxer no mar cando chegaban persoas. Frecuentaba as desertas illas Mirandas, aínda que por alí tamén pasaban pescadores a roubar un pouco de aceite da boia e quentar con el a comida. ¿ Por que asustaba á xente ? ¿ Non podería ser ela unha moza normal ?.

Un día foi sorprendida nunha praia por un fidalgo dos máis poderosos de Galicia, que quedou totalmente namorado con só mirala. Casou en secreto con ela e levouna para casa. Co paso do tempo e lonxe do mar, caéronlle as escamas e a pel de cola e puido por fin ter fillos. Nunca máis se sentiu soa a serea das Mirandas.

Contan que esta é a orixe da linaxe dos Mariño, que teñen por armas unhas ondas azuis. En Caldas de Reis un relevo mostra a lenda da serea dos Mariño."

Esta lenda pertence ó libro "De lenda en lenda: camiños máxicos polo noroeste de Galicia" Esperanza Piñeiro de San Miguel, Andrés Blanco Gómez ; ilustracións de J.M. González Collado.(Pode presentar pequenas variacións con respecto ó orixinal, polas cales se piden desculpas)( (Neste libro poderedes encontrar máis lendas relacionadas con Ares e o seu entorno)

O Concello invita a colaborar a todas aquelas persoas que dispoñan de material que consideren de interese xeral e non teñan inconveniente en cedelo co fin de axudar a recuperar parte do noso patrimonio histórico.
Esta Corporación municipal comprométese a:
Citar a orixe do material en futuras publicacións, ben a través destas páxinas, ben no traballo impreso.
O material cedido reproducirase de forma que respecte en todo momento o contido do mesmo, pasando a formar parte do arquivo municipal.
A devolver os originais en prazo e forma concertada cos doantes do mesmo.
Para poñerse en contacto co Concello envíanos un correo electrónico a turismo@concellodeares.com, e poñerémonos en contacto contigo.
Para ponerse en contacto con el Concello envíanos un correo electrónico desde el formulario de Contacto, y nos pondremos en contacto contigo.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares