Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Saturday 2010 September 11
Galego|Español|English
THE MAYOR REPLIES

Ask the Mayor
WEB CAM
WebCam Concello
CALENDAR
añomesJuly
2011
mesaño
MoTuWeThFrSaSu
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendar of city schoolsCity schools
THE WEATHER
max.
24º
min.
15º
ARES STREETMAP
Rueiro Ares
CONCELLO MAPS
Vive Ares

Cita Atencion Primaria

Emergencias Galixia|060

Transporte Metropolitano de Galicia

Diario Oficial de Galicia
Alcalde Julio Iglesias
Greetings from the Mayor
Julio Ignacio Iglesias Redondo
FIESTA FIN DE VERANO

SEDE ELECTRONICA

V Concurso Fotográfico Alianza Aresana Edición 2010

Turismo de Ares

FITUR 2010

Profile Contractor

Contracting Personnel

Abandoned Animals

Local Police

Protección civil

Frequent procedures

Recycling Area

Free Wi-Fi Areas

Restaurants & Lodging


Services
Social Services

AREA DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE ARES

  • SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA
    • Programa de información, orientación e asesoramento.
      Unha muller traballadora social se ocupa deste programa, porta de entrada ós servizos sociais da rede pública.
      O programa vai dirixido a todos os cidadáns, proporciónalles asesoramento, e xestión de todos os servizos e programas de servizos sociais tanto municipais como autonómicos e estatais: programa de vacacións e temalismo para maiores e minusválidos, pensións non contributivas, rentas mínimas de inserción, acceso a centros (residencias, centros de día, casas de acollida…), programas de respiro familiar para aqueles con cargas de menores e/ou maiores, prestacións para familias numerosas, etc.
      Asimesmo proporciona información sobre o acceso a outros sistemas de protección social e prestacións: do INEM, da seguridade social, abono social de telefónica, programas de ONG e asociacións, etc.
    • Programa de axuda no fogar.
      Este programa está coordinado por unha traballadora social en el traballan 10 auxiliares de axuda a domicilio.
      Ten por obxecto a atención ás persoas e/ou familias que presentan necesidades de apoio para atender situacións no entorno familiar que non poden ser atendidas ou resoltas polos seus membros:
      • De carácter doméstico (preparar comidas, limpeza básica…)
      • Persoal (realización ou apoio para o aseo, movilización, acompañamento, proporcionar/supervisar medicación…)
      • Técnico (teleasistencia domiciliaria, sistemas de detección por GPS…)
        Está dirixido a toda a poboación, e en especial a aqueles que para continuar vivindo no seu fogar necesitan da axuda de alguén, por razón de padecer algunha eiva física, psíquica, socioeconómica ou familiar.
    • Programa de emerxencia social.
      Pon á disposición dos veciños/as que estén atravesando circunstancias de precariedade económica e en especial as situacións de emerxencia, axudas económicas de pago único.
    • Programa de educación familiar e apoio á unidade de convivencia.
      As actuacións emprendidas neste programa, están coordinadas por un educador familiar, que se encarga de procurar un funcionamento axeitada das familias, poñendo en marcha sistemas de axudade axuda e/ou asesoramento.
      Actúa sobre problemáticas de relación entre os membros da familia, conductas desadaptadas, situacións de crise, problemas de desenvolvemento de competencias, integración escolar, conductas insalubres, etc. En definitiva procura a integración e participación dos membros da familia a todos os niveis.
  • SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS
    • Servizo de Psicoloxía Comunitaria.
      • Programa para deixar de fumar.
      • Programa de memoria para maiores.
      • Programa de prevención de conductas violentas para alumnos do C.P.I Conde de Fenosa
      • Programa de educación afectivo-sexual en adolescentes.
      • Programa de prevención e promoción de hábitos saudables e drogodependencias en adolescentes.
    • CIM, centro de información ás mulleres de Ares.
      • Programa de información xeral.
      • Programa de asesoramento xurídico a mulleres.
      • Plan de igualdade de mulleres e homes do Concello de Ares.
      • Programa de teleasistencia para vítimas de violencia de xénero.
      • Actividades de conmemoración do 8 de marzo, día das Nacións Unidas para os dereitos da muller, e o 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
    • Centro municipal de Maiores.
      Se atopa na rúa Petelo s/n. O teléfono é o 647 448 878. Está xestionado por unha auxiliar, persoal do Concello. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 da tarde no inverno, e de 16:00 a 21:00 da tarde en verán, de luns a sábado.
      Está a disposición de todas as persoas que queiran acudir e permanecer nel no horario de apertura. Ademais se desenvolven actividades de ocio: bingo, baile, torneo de tute, cine, etc… e dispón de servizo de podoloxía os martes.
    • Programa Xantar na casa.
      Concíbese como un programa de atención aos colectivos de persoas maiores e as que están en situación e/ou risco de exclusión social. Deste xeito, “Xantar na casa“ persigue mellorar a calidade de vida dos veciños, prestando un apoio dentro do propio domicilio, que se atopan cunha serie de limitacións que lles impide ter unha axeitada cobertura alimenticia. Os beneficiarios do programa son, pois, os maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que poidera suplir tal situación; as persoas dependentes que carezan de apoio familiar e que requiran de axuda para a preparación de alimentos; e os menores de 60 anos en situación de exclusión social que estean tecnicamente avaliados polos Servizos Sociais do Concello. As persoas interesadas en recibir o servizo de xantar a domicilio deberín presentar unha solicitude. O prezo de cada menú e día será de 6,83 euros, dos que 1,82 serán aportados polo usuario. Outros 1,82 euros correrán a cargo do Concello, mentres que os 3,19 restantes serán aportados polo Consorcio. Os xantares entregaranse nun único día á semana, preferentemente de 09.00 a 14.30 horas, ás persoas beneficiarias, que recibirán no seu domicilio sete bandexas diferentes co xantar para cada día da semana. A súa distribución organizarase en barquetas individuais de polipropileno apto para rexenerar en microondas e autorizado para estar en contacto cos alimentos, que incluirán no seu interior primeiro prato, segundo e sobremesa. No caso de que os beneficiarios do servizo non dispoñan de microondas ou frigorífico adaptado a ditas necesidades poñeranse a disposición dos mesmos en réxime de depósito. Ademais, o seu traslado realizarase en vehículos adaptados mantendo a temperatura e a refrixeración imprescindible.
  • Os servizos municipais están a xestionar un Centro de Día para maiores e un Parque Xeriatrico ó aire libre. As xestións están avanzadas, e esperamos contar con este recurso pronto.

    Horarios atención ó público:
    • Traballadora social: Luns, martes, xoves e venres de 17 a 19 h., mércores de 8 a 15 h., con cita previa. *(Horario provisional)
    • Educadora socio-familiar: Luns a venres de 9 a 14 h., con cita previa: chamando ó teléfono 981.46.81.02 Ext. 203, ou no correo electrónico: cim@concellodeares.com
    • Psicóloga: Luns a venres de 9 a 14 h., con cita previa: chamando ó teléfono 981.46.81.02 Ext. 201, ou no correo electrónico: cim@concellodeares.com
    • Avogada: Luns e venres de 9.30 a 13.30 h.

    Responsable política: Dna. Victoria Montenegro Paz.
    Concelleira de Servicios Sociais.

    Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares