Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 25 de xuño de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
VERANEARES 2017

ROCK IN ARES 2017

CERTAME DE RONDALLAS GILDO ILLOBRE ARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Servizos
Servizos Sociais

AREA DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE ARES

  • SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA
    • Programa de información, orientación e asesoramento.
      Unha muller traballadora social se ocupa deste programa, porta de entrada ós servizos sociais da rede pública.
      O programa vai dirixido a todos os cidadáns, proporciónalles asesoramento, e xestión de todos os servizos e programas de servizos sociais tanto municipais como autonómicos e estatais: programa de vacacións e temalismo para maiores e minusválidos, pensións non contributivas, rentas mínimas de inserción, acceso a centros (residencias, centros de día, casas de acollida…), programas de respiro familiar para aqueles con cargas de menores e/ou maiores, prestacións para familias numerosas, etc.
      Asimesmo proporciona información sobre o acceso a outros sistemas de protección social e prestacións: do INEM, da seguridade social, abono social de telefónica, programas de ONG e asociacións, etc.
    • Programa de axuda no fogar.
      Este programa está coordinado por unha traballadora social en el traballan 10 auxiliares de axuda a domicilio.
      Ten por obxecto a atención ás persoas e/ou familias que presentan necesidades de apoio para atender situacións no entorno familiar que non poden ser atendidas ou resoltas polos seus membros:
      • De carácter doméstico (preparar comidas, limpeza básica…)
      • Persoal (realización ou apoio para o aseo, movilización, acompañamento, proporcionar/supervisar medicación…)
      • Técnico (teleasistencia domiciliaria, sistemas de detección por GPS…)
        Está dirixido a toda a poboación, e en especial a aqueles que para continuar vivindo no seu fogar necesitan da axuda de alguén, por razón de padecer algunha eiva física, psíquica, socioeconómica ou familiar.
    • Programa de emerxencia social.
      Pon á disposición dos veciños/as que estén atravesando circunstancias de precariedade económica e en especial as situacións de emerxencia, axudas económicas de pago único.
    • Programa de educación familiar e apoio á unidade de convivencia.
      As actuacións emprendidas neste programa, están coordinadas por un educador familiar, que se encarga de procurar un funcionamento axeitada das familias, poñendo en marcha sistemas de axudade axuda e/ou asesoramento.
      Actúa sobre problemáticas de relación entre os membros da familia, conductas desadaptadas, situacións de crise, problemas de desenvolvemento de competencias, integración escolar, conductas insalubres, etc. En definitiva procura a integración e participación dos membros da familia a todos os niveis.
  • SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS
    • CIM, centro de información ás mulleres de Ares.
      • Programa de información xeral.
      • Programa de asesoramento xurídico a mulleres.
      • Plan de igualdade de mulleres e homes do Concello de Ares.
      • Programa de teleasistencia para vítimas de violencia de xénero.
      • Actividades de conmemoración do 8 de marzo, día das Nacións Unidas para os dereitos da muller, e o 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
    • Horarios atención ó público:
      • Psicóloga: Luns a venres de 8 a 14:15h. e luns de 16:00h a 20:00h, con cita previa: chamando ó teléfono 981 44 83 54, ou no correo electrónico: cim@concellodeares.com
      • Avogada: Luns de 16 a 19 h. e xoves de 09:30 a 14:30 h.
    • Centro municipal de Maiores.
      Se atopa na rúa Petelo s/n. O teléfono é o 981 33 87 14. Está xestionado por unha auxiliar, persoal do Concello. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 da tarde no inverno, e de 16:00 a 21:00 da tarde en verán, de luns a sábado.
      Está a disposición de todas as persoas que queiran acudir e permanecer nel no horario de apertura. Ademais se desenvolven actividades de ocio: bingo, baile, torneo de tute, cine, etc… e dispón de servizo de podoloxía os martes.
    • Programa de transporte adaptado.
      Dirixido a persoas dependentes. Se articula en colaboración coa Asociación SocioCultural de minusválidos. É un programa innovador no Concello de Ares e se pon en marcha en decembro de 2007.
      Consiste nun transporte adaptado ás persoas con discapacidade, que funcionará de luns a venres. Se pode usar para realizar xestións, acudir a citas médicas, actividades culturais ou de ocio, así como deportivas e calquera outra que resulte de interés para a persoa que o solicita.
      Se solicita telefonicamente no 981 351 430. É recomendable solicitalo cun día de antelación, indicando o lugar, día e hora en que se necesita facer uso del.

Os servizos municipais tamen contan cun Centro de Día para maiores e un Parque Xeriatrico ó aire libre.

Horarios atención ó público:
  • Traballadora social: Luns a venres de 8 a 14:15h., con cita previa: chamando ó teléfono 981 44 83 54, ou no correo electrónico: servizos.sociais@ares.dicoruna.es
  • Educadora socio-familiar: Luns a venres de 9 a 14:15 h. e luns de 16:00h a 20:00h, con cita previa: chamando ó teléfono 981 44 83 54, ou no correo electrónico: cim@concellodeares.com

Responsable política: Dna. Victoria Montenegro Paz.
Concelleira de Servicios Sociais.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares