Actuais canles RSS
¿Que é RSS?
RSS é un formato para a sindicación de contidos de páxinas web. As súas siglas responden a Really Simple Syndication. To syndicate en inglés. En español ten outro significado: "publicar artigos simultáneamente en diferentes medios a través dunha fonte á que pertence".
O RSS é un paso moi importante na interconexión da información e o seu acceso polos usuarios. En calquera páxina web poden ser vistos os titulares actualizados de xornais, blogs e outras fontes utilizando este sistema.
A "sindicación" é un paso máis na actualización de contidos superando ás listas de correo, un acceso á información sen a navegación, permitindo que no escritorio do seu ordenador teña actualizada toda a información que se desexe.
¿Que necesito para usar RSS?
Para empezar a usar RSS, Ud. necesita un lector especial de noticias ou agregador que mostre o contido das canles RSS desde o noso sitio web. Hai un número grande de lectores de noticias dispoñibles, moito dos cales son gratis.
A maiorÃa están dispoñibles como programas para descargar e instalar no seu ordenador. Tamén pode utilizar o xestor de correo Outlook ou similares e os correo web de Yahoo ou Gmail por exemplo.
¿Como podo subscribirme ás canles RSS de Concellodeares.com?
Para subscribirse a unha canle RSS de concellodeares.com, simplemente seleccione o tema que lle interese da lista que aparece ao comezo desta páxina. Faga click no icono Rss anaranxado