Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Saturday 2010 September 11
Galego|Español|English
THE MAYOR REPLIES

Ask the Mayor
WEB CAM
WebCam Concello
CALENDAR
añomesAugust
2010
mesaño
MoTuWeThFrSaSu
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendar of city schoolsCity schools
THE WEATHER
max.
24º
min.
15º
ARES STREETMAP
Rueiro Ares
CONCELLO MAPS
Vive Ares

Cita Atencion Primaria

Emergencias Galixia|060

Transporte Metropolitano de Galicia

Diario Oficial de Galicia
Alcalde Julio Iglesias
Greetings from the Mayor
Julio Ignacio Iglesias Redondo
FIESTA FIN DE VERANO

SEDE ELECTRONICA

V Concurso Fotográfico Alianza Aresana Edición 2010

Turismo de Ares

FITUR 2010

Profile Contractor

Contracting Personnel

Abandoned Animals

Local Police

Protección civil

Frequent procedures

Recycling Area

Free Wi-Fi Areas

Restaurants & Lodging


Ares
Local Police
Local PoliceA misión deste Corpo da Policía Local é a prestación ós veciños de toda a protección e colaboración necesarias, para que estes poidan exercer con total liberdade tódolos dereitos que lles recoñecen ás leis en vigor, así como a de desempeñar as funcións establecidas no artigo 53 da Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade:
  • Protexer ás Autoridades da Corporación Local do Concello de Ares, vixiar e custodiar os edificios e instalacións municipais, así como os bens de uso público local. Esta función supón especialmente a prestación dos servicios seguintes:
    • Protección do Alcalde, Tenentes de Alcalde e Concelleiros no exercicio das súas funcións de goberno e administración municipal.
    • Protección dos funcionarios municipais na realización das dilixencias que forman parte da súa función.
    • Cooperación á representación corporativa, acompañando ás autoridades municipais en cerimonias e ocasións solemnes, tales como recepcións, procesións, desfiles, festas e outras de análoga natureza
    • Custodiar e vixiar os bens de dominio público e patrimoniais ou de propios de responsabilidade municipal.Constitúen bens ós efectos de custodia e vixilancia por parte da Policía Local:
      • Os de Dominio e Servicio público local, tales como Casa Consistorial, escolas, cemiterio, centro de saúde, elementos de transporte, piscinas e campos de deportes, e en xeral calesqueira outros bens directa ou indirectamente destinados á prestación dos servicios públicos ou administrativos.
      • Os de Dominio e Uso público como son os camiños, rúas, paseos, parques, augas de fonte e estanque, pontes e demais obras públicas de aproveitamento e utilización xeral cuxa conservación e garda sexan competencia do Concello.
      • Os bens patrimoniais ou de propios obxecto de custodia e vixilancia que sendo de propiedade do municipio non estean destinados ó uso público nin afectados a algún servicio público e poidan constituír fontes de ingreso para o municipio.
  • Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no casco urbano, cos medios a súa disposición e de acordo co establecido nas normas de circulación. Esta función implica especialmente:
    • Velar polo cumprimento das disposicións contidas no Real Decreto Lexislativo 339/90 de 2 de marzo, e as súas disposicións Complementarias, Código da Circulación e na Ordenanza Municipal de Circulación, mediante indicacións ou, no seu caso, denunciando ós infractores e incluso adoptando, se as circunstancias o requiren, medidas de coerción previstas pola Lei.
    • Control e informe da ordenación do tráfico.
    • Vixilancia e informe da sinalización viaria.
    • Prevención dos accidentes de tráfico
    • Manter despexada de obstáculos a vía pública.
    • Suplir coa súa actuación as deficiencias e avarías que se produzan nos elementos de sinalización viaria.
    • Regular a circulación rodada e de peóns ante aglomeracións de vehículos e persoas a fin de procurar un normal desenvolvemento do tráfico en condicións de seguridade.
    • Informar ó público nestas materias.
    • Colaborar nas campañas sobre educación viaria, especialmente no ámbito escolar.
    • Para o desenvolvemento das funcións de ordenación, regulación e sinalización, todos aqueles gabinetes e departamentos técnicos que sexan necesarios para optimizar a fluidez do tráfico en tódalas vías urbanas actuarán en coordinación coa Policía Local, sen prexuízo das atribucións que ostenta o Alcalde en canto á dirección do goberno e a administración municipal e á dirección, inspección e supervisión dos servicios municipais.
  • Instruír atestados por accidentes de circulación dentro do casco e vías urbanas.
  • Policía Administrativa, velando polo máis exacto cumprimento das Ordenanzas, Bandos e demais disposicións do Concello de Ares, dentro do ámbito das súas competencias. En particular, exerceranse funcións de Policía Administrativa nas seguintes materias:
    • Convivencia cidadá.
    • Circulación e transportes.
    • Disciplina urbanística.
    • Protección do Medio Ambiente.
    • Salubridade e Hixiene.
    • Feiras e Mercados.
    • Instrucción e cultura.
    • Conservación e uso da vía pública.
    • Actividades profesionais, comerciais e industriais.
    • Protección, seguridade e defensa de persoas e bens.
    • Turismo.
    • Asistencia Social.
    • Fiscal no ámbito da Facenda Municipal e, nos casos que proceda, na Autonómica e Estatal.
    • Alumeado público e telecomunicacións. Servicios de subministración de augas, limpeza viaria, de recollidas e tratamento de residuos, rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais.
    • Transporte público de viaxeiros.
    • Cumprimento da escolaridade obrigatoria.
  • A Policía Local de Ares, poderá tamén exercer funcións de policía administrativa de carácter estatal ou autonómico mediante a denuncia das infraccións pertinentes diante dos órganos competentes para a súa resolución
  • Participar nas funcións de Policía Xudicial de conformidade có ordenamento xurídico, practicando cando fora necesario as primeiras dilixencias de prevención, dando conta de tales actuacións á Autoridade Xudicial e o Ministerio Fiscal, todo isto baixo os principios de cooperación e colaboración coas demais Forzas e Corpos de Seguridade.
  • A prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando na forma prevista nas leis, na execución dos plans de Protección Civil
  • Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delictivos no marco de colaboración establecido na Xunta Local de Seguridade.
  • Vixiar os espacios públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía da Comunidade Autónoma na protección das manifestacións e no mantemento da orde en grandes concentracións humanas cando sexan requiridos para tal fin.
  • Cooperar na resolución dos conflictos privados, cando sexan requiridos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares