Coñecedores das dificultades que se desprenden do proceso normal de búsqueda dun emprego o Concello de Ares, co fin de axudar á consecución efectiva dun posto de traballo para os seus veciños e veciñas, pon en marcha o Servizo de Orientación Laboral. O eixo fundamental deste servizo é a orientación na planificación activa para buscar un emprego. De tal maneira, deséñanse programas e itinerarios individualizados de información e inserción profesional, que inclúen o asesoramento na realización do currículo, a valoración do perfil e da cualificación profesional xunto ca orientación na entrevista de traballo e noutras técnicas e ferramentas que nos permitan acadar un emprego axeitado ó perfil formativo e profesional.
O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ares parte dunha iniciativa de colaboración entre a Consellería de Traballo e o Concello de Ares para dar cobertura ás necesidades reais de emprego da nosa población. Baséase nunha serie de principios: información, orientación e busca activa de emprego, que buscan mellorar a ocupación dos desempregados, en particular e, de todos os traballadores, en xeral.
Os obxectivos sobre os que se asentan os piares deste servizo, en consoancia cos definidos pola Consellería de Traballo nesta materia, son:
As accións de orientación laboral da persoa desempregada pasa normalmente por un proceso activo que cubre os seguintes pasos:
O acceso a accións de orientación laboral para persoas demandantes de emprego realízase a través do seu centro titor do Servicio Galego de Colocación ou de calquera Oficina de Emprego ou no propio servizo, ubicado nas dependencias do Concello de Ares.
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:
De luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Teléfono de contacto: 981468102 / 981468195
Fax: 981448299
E-Mail: Contacto