Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 25 de xuño de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
VERANEARES 2017

ROCK IN ARES 2017

CERTAME DE RONDALLAS GILDO ILLOBRE ARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contrataci├│n Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Turismo
Localización / Como chegar

Ver mapa más grande

Ares está situada ó norte da provincia da Coru├▒a, entre as puntas Coitelada, polo norte, e a Punta Torrella polo sur. Ambos saíntes flanquean a entrada da Península de Bezoucos , do latín BISAQUIS ( "dúas augas) , que separa as rías de Ferrol e a de Ares, tamén denominada de Ares e Betanzos. Limita ó norte con Mugardo, e ó leste con Fene. Ares forma parte das Mari├▒as coru├▒esas. Atopámonos no Golfo Ártabro , o cal está formado polas rías de Ferrol, Ares e Betanzos así como a Baía da Coru├▒a. A vila de Ares ocupa unha situación privilexiada, no fondo dunha enseada protexida do mar aberto e dos ventos. O relevo ten un accidente xeográfico importante, o Montefaro, de 262 metros de altitude onde se achan as antenas de RTV de toda a zona. O resto da superficie é unha franxa costeira que vai desde a estreita entrada á ría de Ferrol ata o porto perqueiro de Redes. Sobresae a punta do Sega├▒o, límite meridional da ría de Ferrol, lugar no que se abre a acolledora praia de Chanteiro. Segue logo unha costa recortada e rocosa que configura a entrada á ría de Ares ata despregarse no amplo areal do Raso.

Latitude : 43.4333
Lat (DMS) : 43° 25' N / 43º 28' N
Lonxitude : -8.2333
Lonx (DMS) : 8° 19' O / 8º 12' O
Altitude (ft.) : 16
Altitude (m.) : 4

Descrición xeográfica
O municipio de Ares, está situado ó norte da provincia da Coruña, na ría que leva o seu mesmo nome, entre os 43º 25' y 43º 28' de latitude norte e os 8º 19' y 8º 12' de lonxitude oeste, formando unha península xunto co concello de Mugardos.
Limita ó norte co municipio de Mugardos ,ó leste con Fene e ó sur co Océano Atlántico. Ten unha superficie de 18 km2.e a súa poboación divídese en tres parroquias: San Vicenzo de Caamouco, San Pedro de Cervás e San Xosé de Ares, onde se encontra a capital municipal, Ares.
O concello é un dos de menor extensión dentro da provincia da Coruña, cunha poboación de 4576 habitantes (Censo de 1996), o que lle dá unha grande densidade de poboación, 250,9 habitantes por quilómetro cadrado.
Hai dúas zonas ben diferenciadas: a metade oriental non sobrepasa os 50 metros de altitude, exceptuando o sector nordeste onde existen maiores alturas. A metade occidental non mostra moitas diferencias, pero a súa topografía chaira vese interrompida por una banda de granodiorita que dá lugar á presencia de Montefaro (262 metros). Desde este podemos gozar dunha magnífica vista panorámica das rías de Ares, Ferrol e A Coruña.

Hidrografía
O río máis importante é o Novo, cunha lonxitude aproximada de 2 km. Desemboca no río Xunqueira, que nace en Mugardos e descorre de norte a sur, morrendo na enseada da Ciscada no núcleo de Ares. No resto do concello, encontramos pequenos ríos e regatos entre os que podemos sinalar: río Sandeo, que serve de límite municipal con Fene, río Cacho, Rego Romeo que desemboca en Redes, segundo núcleo en importancia do municipio, Río de Ba├▒o, Rego de Cal e Rego Pomoulo que desauga na enseada de Chanteiro. Son pequenos cursos de auga de moi curto percorrido e moi próximos ó mar, o cal impide a formación de correntes de auga de gran volume.

Climatología
O clima é o común a toda esta zona das Rías Altas, cunha media no verán de 15º e temperaturas máximas estivais próximas ós 30º, podemos observar que a oscilación térmica anual é reducida, ó redor dos 15º , típico de climas oceánicos nos que o mar exerce unha función reguladora.
Predomina o vento do nordeste (188 días ó ano), o vento presenta na zona unhas velocidades que alcanzan unha media de 13 km/hora, se ben, Ares, pola súa situación, orientada cara ó interior da ría, ve diminuída a influencia dos ventos sobre o seu territorio , vento fresco e seco, ideal para a práctica dos deportes náuticos de vela. As formas topográficas son suaves, correspondendo á exquisiteza dos materiais e ós longos procesos de erosión.

Actividade humana
Ares, pola súa ubicación costeira, non é un concello eminentemente agrícola, xa que historicamente a súa actividade económica estivo orientada cara a outros sectores económicos, como poden ser a pesca, servicios, etc; se ben, na actualidade, aínda que a poboación ocupada na mesma é reducida (tan só un 5,5% do total), a superficie ocupada polas explotacións agrícolas, representa aproximadamente a metade da superficie total do municipio (910 Ha).
En canto ó uso do solo, un 38.60% son superficies cultivables, un 35% forestais e un 12.40 % está dedicado ós pastos.
Con solos de difícil cultivo, obtéñense boas colleitas, sobre todo de millo, patacas, legumes, hortalizas e froitos arbóreos entre os que destacan as mazás, castañas e noces.
A gandería vai en clara regresión e a penas existen granxas, o gando bovino é o máis abundante, seguido do porcino. É claro o predominio das terras en propiedade (88,2%), o que pon de manifesto a tendencia dos propietarios a explotar o seu propio solo, fundamentalmente para o autoconsumo familiar.
O sector servicios é o que ocupa á maior parte da poboación activa, xa que Ares é un municipio que pola súa proximidade á cidade de Ferrol estivo sempre influída pola atracción que exercía sobre toda a comarca, o que ocasionaba que grandes masas de poboación se desprazaran a diario á cidade departamental. Como contrapartida no concello de Ares foise desenvolvendo un incipiente comercio, cubrindo unha ampla gama de actividades, co cal as necesidades municipais se cobren cun considerable grao de satisfacción.
A industria é o segundo sector en importancia, ocupando a un 26,4 % da poboación activa.
Un sector que en certa forma reflicte a riqueza dun concello é a construcción, xa que se a súa actividade é importante e significa que hai movemento de capital. No caso de Ares, e tendo en conta a súa pequena extensión superficial, podemos consideralo como un sector destacado. Hai un total de 12 empresas de construcción completa, reparación e conservación, e 11 de albanelería e pequenos traballos de construcción. Ademais ó redor delas móvense outra serie de actividades, como poden ser instalacións eléctricas, de fontanería, demolicións, etc.
Non nos podemos esquecer ó estudiar a economía de Ares do Turismo, sector que nos meses estivais e debido á estratéxica situación deste pequeno municipio costeiro é unha fonte de ingresos considerable. O territorio está pragado de vivendas de segunda residencia que se concentran nos principais focos turísticos, como poden ser Chanteiro, a praia do Raso, etc.

 

Rutas desde as cidades máis próximas

Dende Mugardos
4 km.
Tomaremos a LC. 130

Desde Ferrol
18 km.
Tomaremos a N-651 pola Ponte das Pías ata Fene, desde alí nos desviaremos pola Lc 133 e percorreremos uns 7 km. A esta altura atoparémonos coa Lc 122 que seguiremos ata Franza e finalmente iremos pola Lc123 ata Ares.

Desde Betanzos
29 km.
Viremos pola N-651 ata Cabanas onde tomaremos a Lc 122 ata Limodre, alí desviarémonos pola Lc 124 ata Redes e, finalmente, tomaremos a CP 0401 ata Ares

Desde Coruña
43 km.
Dirixirémonos pola autoestrada A9 ata Cabanas, aquí tomaremos a N-651 ata chegar á encrucillada que vén das Pontes onde nos desviaremos pola Lc 22 ata o semáforo de Limodre. Tomaremos a Lc 124 ata Redes e de alí continuaremos pola CP 0401 ata Ares

Desde Santiago
86 km.
Chegaremos pola A9 ata Cabanas, onde se tomará a Lc 122 ata Limodre, aquí nos desviaremos pola Lc 124 ata Redes e finalmente a CP 0401 ata Ares.

Desde Lugo
102 km.
Primeiro tomaremos a A6, logo colleremos a A9 en dirección Ferrol e saíremos en Cabanas. Aquí tómase a N-651 ata o cruzamento que vén das Pontes onde nos desviamos pola Lc 122 ata chegar ó semáforo de Limodre. Colleremos a Lc 124 ata Redes e desde alí seguiremos pola CP 0401 ata Ares.

Ferrocarril
A Coruña - Ferrol


Estacións próximas a Ares:

Pontedeume (a 9 Km.)
Cabanas (a 7,5 Km)
Limodre (a 5 Km)
Barallobre (a 7,5 Km)
Fene (a 10 Km)

Horarios:

Desde A Coruña:

6:50 - Rexional
15:10 - Rexional
20:30 - TRD

Desde Ferrol:

6:55 - TRD
14:45 - Rexional
20:20 - Rexional

Aeroportos de
Galicia

Aeroporto de Alvedro
(A Coruña)
Tel.: 981.18.72.00
Autobuses ó aeroporto
Tel.: 981 23 12 34

Aeroporto de Labacolla
(Santiago)
Tel.: 981 59 74 00
Autobuses ó aeroporto
Tel.: 981 27 70 82

Aeroporto de Peinador
(Vigo)
Tel.: 986 22 86 00

Reserva de Vós:
Iberia 902 400 500

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares