Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 17 de Agosto de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
VIII FEIRA MARIÑEIRA DE ARES

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Historia
Historia

Típica distribución de una casa romana
Típica distribución de una casa romana

Monasterio de Sta. Catalina
Monasterio de Sta. Catalina

Druida
Druida

Ares, dios de la guerra
Ares, dios de la guerra

Dios Celta
Dios Celta

Plano del castro de Ares
Plano del castro de Ares

Suevos
Suevos

Moneda sueva
Moneda sueva

Soldados Árabes
Soldados Árabes

Nuño Freire de Andrade
Nuño Freire de Andrade

Soldado Inglés
Soldado Inglés

Soldado Napoleónico
Soldado Napoleónico

Iglesia de Lubre
Iglesia de Lubre

Torah del S.XV
Torah del S.XV

Descargando sal
Descargando sal

Padres de la Alianza Aresana
Padres de la Alianza Aresana

Iluminación medieval del sefarad judio
Iluminación medieval del sefarad judio

Viñedos
Viñedos

Poliedros de Kepler (1600)
Poliedros de Kepler (1600)

Plano de Ares
Plano de Ares

Escudo actual de Ares
Escudo actual de Ares

Ares está situado no "seo dos ártabros", pobo de raza celta que a ocupou e do que quedaron moitos vestixios, así como doutros pobos que nela se estableceron ou por ela pasaron, polo cal se atopan no concello varios castros. Existen tamén restos de una casa romana e de una fábrica de salgadura á altura do Seixo. Ademais disque o antigo camiño empedrado, que viña desde Pontedeume por Redes e seguía a Mugardos, era unha vía romana.

Descoñécese a etimoloxía de Ares, aínda que puidese ser fenicia, xa que Ara Solis era unha cidade deste pobo en Fisterra. O historiador ferrolán Bieito Vicetto afirma ser grega e que en Montefaro, monte que acocha a vila ós pés da súa ladeira , había un templo adicado ó Sol. Hai uns anos, nunhas escavacións realizadas en terreos do ex convento de terciarios de Montefaro ,apareceu unha pedra cun disco solar, que puidese corroborar o afirmado polo citado escritor. Dita pedra áchase exposta no xardín museo do citado convento.

No mesmo monte hai un lugar chamado "Pena bailadora" que sen dúbida alude ó monumento megalítico celta.
Ares era o nome que os gregos daban ó seu deus da guerra, Marte. Sen embargo, o historiador Verea e Aguilar e tamén García de la Riega inclínanse pola ascendencia céltica xa que AR ou ARU é de raíz céltica e significa Deus, e con este nome e derivados fundaron numerosas vilas na zona que ocuparon: Ares, Areosa, Arosa, ..... que dan fe do afirmado.

Ares ten como escudo de armas un castelo que, sen dúbida, fai referencia ás numerosas fortificacións que gorecían o seu territorio: S. Martiño de Padilla e Segaño na ría de Ferrol; Sta. Mariña, S. Fernando, Raso e os que defendían a entrada do seu porto na ría de Ares. Tamén puidise facer alusión á torre que campa no escudo dos Andrade, poderosa familia que, xunto co Cabido de Santiago, exercía o señorío no territorio. A Vila era pertenza do Cabido da Igrexa de Santiago que nomeaba nela os Xustizas e demais cargos públicos ós que logo esixía conta da xestión cada catro anos nos "Xuizos de Residencia". Modernamente se lle engadiron ó escudo dúas cocas sobre as ameas, paxaro que abunda na ría, según se pode ver no novo edifico consistorial.

De momento descoñécense razas aborixes anteriores á celta. Deste pobo quedou na toponimia local abundante léxico: Ixobre en San Vicenzo de Caamouco, parroquia do Concello; Castro e Mallobre en Ares; Castro, Cruz dos Castros na parroquia de Cervás e sobre todos eles Lubre, o lugar sagrado para este pobo celta. Polo citado vese que abundan os "castros" aínda que ningún conserva un bo estado debido á desapiadada e sistemática destrucción a que foron sometidos en busca de imaxinativos tesouros".

Os romanos tamén deixaron constancia do seu paso como o lembra a ponte da "Ciscada" , ponte que está sobre a vía que conducía de Ares a Pontumio (Pontedeume). Tamén a toponimía nos indica esta presencia: Coitelada, Agarrios, Outeiro, Torre, Vigo, Porto, Lago....

Tamén deixaron pegadas nesta terra os suevos : Aten é un lugar da parroquia de Cervás, que en xermano significa padre. Por mor dun preito entre o arcebispo Xelmírez e o bispo de Mondoñedo D. Gonzalo, sobre xurisdicción en Bezoucos, arceprestádego que comprende Ares, na avinza (ou acordo) a que deu lugar asina como testemuña o párroco de Cervás ,Almóndiz, no século XII, de indubidable ascendencia sueva.

Dos árabes pouco cabe citar xa que aquí non permaneceron e só o facían nas "razias". Os historiadores fálannos dunha batalla en Pontomio con D. Fraguela e tamén en tempos de Afonso II o Casto que librou outras dúas contra os árabes nesta comarca. Aínda hoxe subsiste na vila unha praza co nome de "Alfolí", de orixe árabe.

Mención especial merece a colonia xudía que existiu na Baixa Idade Media en Ares. Chegaron a Ares fuxindo da persecución dos Reis Católicos e establecéronse no século XV no barrio de O Porto, á orela do mar, para traballar no comercio do sal; a importancia desta colonia era tan grande que incluso tiña a súa propia sinagoga, da cal se conserva unha parte da estrela de David que hoxe serve de lintel nunha casa. O marqués de Lozoya e D. Ramón Menéndez Pidal citan este dato.

No arquivo municipal atópanse nomes de personaxes xudeus que interviron activamente na política e cultura da vila. Achamos o nome de D. Manuel de Castro e Almeida, xudeus procedentes de Portugal e que levaban en arrendo as salinas aquí existentes. No ano 1.665 figuraba unha petición de Bernaldo Tortora para enviar ó seu fillo Antonio a estudiar ás Universidades de Salamanca, Bolonia e Roma. Figuran tamén os apelidos Coello, Calamar, Flores, Coronel e Ferro, este último de Betanzos onde eran banqueiros.
No 1.673 D. Manuel de Castro leva en arrendamento o sal en 5.000 ducados por Ares e 3.000 pola de Pontedeume.
Desde mediados do século XVIII chegaron a Ares os "Fomentadores" cataláns que introduciron procedementos novos para a conservación do peixe, o que contribuíu a dar un novo impulso á economía do municipio, pero esta actividade foi perdendo importancia ó mesmo tempo que o concello perdía poboación que, buscando mellores condicións, dirixíase a Ferrol, Cuba e outros destinos.
Durante os séculos XVIII e XIX menciónanse en diversos escritos os viñedos de Ares. Entón a familia Curbeira, por 2 ferrados de viña, xa pagaba ó Cabido de Santiago, en 1756, una galiña por foro. Co imposto sobre o viño foron establecidas as dotacións para a implantación das Escolas Públicas no ano 1.844. A calidade destes viños era superior á dos de Betanzos, pero actualmente no hai colleita xa que, a mediados do século XIX a filoxera destruíu os viñedos da rexión e as viñas non foron renovadas.

Tamén ten importancia a igrexa románica de Lubre, que era do Cabido, e que foi parroquia ata 1.720. No seu interior hai interesantes lousas sepulcrais de familias que deron notoriedade á Vila, así como un primitivo altar pétreo. Algún historiador afirma que non debe darse demasiada antiguidade a esta edificación porque se sabe que en 1.753 foi reedificada case totalmente polo Cabido, xa que ameazaba ruína ; un dos Mestres que interviron na reconstrucción, enviado polo Cabido, foi Francisco de Monteagudo.

Os ingleses tamén apeteceron estas terras, como sucede no ano 1.719 en que desembarcaron no areal de Chanteiro, parroquia de S. Pedro de Cervás, nun intento de caer despois sobre Vigo. No ano 1.804 e por mor do cerco de Ferrol ,a escuadra inglesa enseñórase desta ría chegando a acarear os seus buques no areal do Raso.

Os franceses estiveron dúas veces na Vila, no ano 1.808 e 1.823 do que hai abundante testemuño no arquivo municipal.
A Casa dos Andrade, como queda dito, exercía o seu señorío no municipio e percibía a renda de froitos chamada "Pan de Chanteiro" que se recollía en Lubre, parroquia matriz da Vila. O máis poderoso nomeado desta familia, Fernán Pérez de Andrade o "Bo", edificou na parroquia de S.Pedro de Cervás, lugar de Chanteiro, a ermida de Nosa Sra. Da Mercé e en Montefaro o mosteiro de terciarios de Santa Catarina. Para sustento da Comunidade lles concedeu a vila de Mugardos e portádego da ponte de Pontedeume, onde había un hospital para peregrinos e unha capela , lugar en que debía dicir Misa a Comunidade no seu honor.

A Ensiñanza tivo importancia en Ares onde había un importante núcleo de fidalgos que enviaban os seus fillos á Universidade . Así atopamos que en 1.646 Alonso de Leiro paga 25 ducados pola estancia de un curso na Universidade de Santiago do seu fillo Xoán. O primeiro Mestre de primeiras letras de que temos noticia é Alonso de Chanteiro en 1.675 que percibía 500 reais ó ano.

Debía ser numerosa a colonia estudiantil en Ares por canto atopamos que en 1.656 se celebra unha festa en honor de San Roque con comedia e corrida de touros, e en anos sucesivos, por iniciativa dos Estudiantes fillos desta vila ".
Modernamente e a principios do século os emigrantes da Vila na illa de Cuba fundaron a "ALIANZA ARESÁ DE INSTRUCCION" (1904), Institución decana en Galicia para a Educación. Ares viviu unha época na que o retorno dos emigrantes que fixeran fortuna en América, empezaron a edificar na súa localidade natal novas casas-as coñecidas casas de indianos- para amosar os logros obtidos no estranxeiro. Ademais construíron colexios e centros culturais de gran importancia arquitéctonica e cultural, que daban acceso ós seus concidadáns a un mellor futuro que o que os obrigou a eles ó exilio.

Según o censo de comezos do século XX, Ares constaba dunha vila, un lugar, 47 aldeas e grupos menores que reunían 4.488 habitantes de feito e de dereito 5.333. En 1909, a poboación agrupábase en 1758 edificios.

Cando se creou o moderno escudo municipal se desbotaron as armas dos Andrade e dos cabidos eclesiásticos que señoraron sobre Ares, para sustituílas por un castelo, que alude á defensa das praias a finais do século XVIII. Tamén aparecen no escudo uns corvos mariños sobre as súas ameas.

Entre as familias fidalgas de Ares podemos citar ós Baamonde, da que descende o Xeneral Francisco Franco pola liña materna; o seu escudo de armas campa nunha casa da Vila. Tamén os Solloso, ilustre familia de escribáns e cóengos ten a súa casa solariega en Lubre. Mención especial merece D. Francisco Bermodez de Castro e Sangro, señor do Piñeiro, fermoso pazo hoxe reconstruído, en San Vicenzo de Caamouco, que se dintinguíu na loita contra os franceses en 1.808 e foi comisionado pola Xunta Suprema de Galicia a Londres para que recabara do goberno inglés auxilio para a pelexa, mostra da gran estima que o rei Xacobe lle tiña, estima que se veu incrementada por unha tabaqueira de ouro e brillantes que este rei lle regalou. Sinalaremos tamén a D. Antonio Cabaleiro, natural de Caamouco e intendente de rendas e "persoa ilustrada" na corte dos primeiros Borbóns.

Subliñamos tamén como fillos ilustres de Ares ós irmáns poetas D. Xoán e D. Francisco Trillo Figueroa, pois naceron no castelo de S. Martiño de Padilla, forte que defendía a entrada da ría de Ferrol en términos de Ares, onde o seu pai era castelán. D. Xoán é autor de xenealoxías e D. Francisco dun poema épico sobre a xesta do Gran Capitán en Italia: "Neapolisea".

Cronología
38 a.c.

Aparece constatada a presencia de Xulio Bruto dirixíndose por mar cara a Betanzos.

Siglo V
d.c.

Invasión sueva, constatándose cara a mediados do século IX a presencia de suevos nas costas aresás.

884

Chegada da primeira expedición de viquingos ás costas aresás; despois dun ano, o rei Ramiro I, O Monxe, fíxoos reembarcar quemando ós dinamarqueses 70 naves.

997

Os aresáns volven a alarmarse debido á presencia de Almanzor en Pontedeume, despois do saqueo de Santiago, aínda que non se decidiron a vadear a ría.

1134

O arcebispo Xelmírez, de acordo co Cabido compostelán e previo consentimento de Afonso VII, concedeu ó conde Fernando Pérez de Traba a vila de Lubre. A finais do mesmo ano, foi de novo recuperada polo arcebispo.

Mediados
del s.XIV

Comeza para Ares un dos períodos de maior axitación. Enrique II, vencedor de Pedro O Cruel, colmou de honores ó seu valedor: Fernán Pérez de Andrade, cedéndolle as terras que se divisaban desde a Torre de Noguerosa ata os cumes do Cabo Prior. Foi señor absoluto da comarca.

1404

Unha peste de cólera azouta a cidade de Ferrol. Nace o voto dos ferroláns á Virxe de Chanteiro.

1690

Desembarca xunto ó castelo da Palma a princesa Mariana de Neoburgo, para casar con Carlos II, sendo acompañada pola xustiza e o pobo de Ares ata Pontedeume. En agradecemento se lle concedeu unha cédula real (marzo 1691) pola que se eximía de levas e requisas ás xentes do mar de Ares.

1750

Comezaron a chegar os cataláns coñecidos como "Fomentadores" que introduciron novas técnicas para a conservación do peixe.

1757

Comeza a construcción dun castelo na punta meridional da enseada co obxectivo de defender a ría.

1804

A escuadra naval inglesa, despois de fracasar en Doniños, fondeou ameazante na enseada de Ares.

1805

Os ingleses levantaron o bloqueo e en Ferrol estableceuse unha factoría de máquinas de vapor. Moitos dos técnicos ingleses que alí traballaban fixan a súa residencia en Ares.

1809

Desmantelamento do castelo edificado en 1757 na punta meridional da enseada.

1859-1860

Constrúese o malecón con parte do diñeiro recibido pola indemnización estatal trala guerra de Marrocos.

1904

Os emigrantes da Vila na illa de Cuba fundaron a "ALIANZA ARESANA DE INSTRUCCION", institución decana en Galicia para a educación.

1933

Un incendio destrúe os retablos da Ermida de Chanteiro durante a noite do 28 ó 29 de xuño.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares