a alcaldía xestionará os servizos de facenda, deporte, equipamentos e infraestruturasD. Julio Ignacio Iglesias Redondo Redondo, alcalde-presidente do Concello de Ares, ademais de asumir as funcións propias da alcaldía, xestiona directamente os servizos de facenda, patrimonio, equipamentos e infraestruturas, e dirixe os servizos municipais de facenda pública, tributos, patrimonio e inventario de bens, os programas e plans de equipamentos e infraestruturas e todo o que atinxe ao ámbito deportivo e á súa promoción, tutelando os servizos municipais, a programación de eventos e das escolas deportivas, e a colaboración coas entidades e clubs deportivos locais.
Concellería de emprego, obras e servizos, réxime interno, policía local, protección civil, seguridade e tráficoO concelleiro delegado desta área é D. José Salvador Ferreiro Montenegro. encárgase, entre outros asuntos, da xestión e dirección dos servizos municipais de emprego, réxime interno, policía local, protección civil, seguridade e tráfico, así como das obras e servizos, no que atinxe ao mantemento e mellora das obras municipais e ás redes de abastecemento e saneamento, recollida do lixo, limpeza viaria, etc.
concellería de urbanismo e plansO concelleiro delegado desta área é D. Francisco García Prego. encárgase, entre outros asuntos, da xestión, seguimento e adaptación do plan xeral de ordenación municipal, dos plans e instrumentos de desenvolvemento urbanístico, da xestión urbanística e os seus instrumentos, da disciplina urbanística, das ordes de execución e, en resumo, de dirixir os servizos de urbanismo do concello e os seus plans, así como xestionalos en xeral.
Concellería de muller, infancia, xuventude, sanidade e servizos sociais.A concelleira delegada desta área é D.ª María Victoria Montenegro Paz. encárgase, entre outros asuntos, da xestión e dirección dos servizos de saúde-sanidade pública, protección-atención ao menor, servizos sociais, muller, asistencia-protección á muller, cim, ludoteca, parques infantís e terceira idade.
Concellería de cultura, medio ambiente, comercio e industriaA concelleira delegada desta área é D.ª Ana Fernández Coira. encárgase, entre outros asuntos, da xestión e dirección dos servizos culturais do concello, da organización de festexos, da organización de actividades culturais, do apoio ás entidades culturais, da axencia de lectura, do servizo de información xuvenil, do ensino, do turismo e do medio ambiente.